Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

70 millons de € para a sanidade en Ourense

70 millons de € para a sanidade en Ourense

O alcalde de Ourense e o conselleiro de Sanidade, acordan os termos para o investimento de case 70 millóns de euros no CHUOU de Ourense, cartos que destinaranse á ampliación do Hospital Materno Infantil, a través dun convenio entre o Concello de Ourense e a Xunta.
G.P. Jácome e J.V. Almuíña mantiveron unha xuntanza por videconferencia xunto cos concelleiros Ana Morenza e Jesús Vázquez e o xerente do Complexo Hospitalario de Ourense.
Na reunión, na que tamén participaron a concelleira de Facenda e Contratación, Ana Morenza, o concelleiro Jesús Vázquez, e o xerente do Complexo Hospitalario de Ourense, Félix Rubial, acordaron os termos da próxima sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia, que terá como finalidade o investimento de case 70 millóns de euros para desenvolver o proxecto de ampliación do Hospital Materno Infantil de Ourense.
As obras suporán unha achega económica de máis de 65 millóns de euros por parte da Xunta, onde 4 millóns serán por parte do Concello.