Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

O Concello fortalecerá o apoio ao Pabellón Ourense CF en recoñecemento ao seu labor co deporte de base [AUDIO]

O Concello fortalecerá o apoio ao Pabellón Ourense CF en recoñecemento ao seu labor co deporte de base [AUDIO]

Gonzalo Pérez Jácome e representantes do Pabellón CF
  • A directiva do club, que conta con preto de 1.200 rapaces e rapazas e máis de 80 monitores, presentou esta mañá o seu proxecto na Alcaldía.
  • O alcalde considera que este club comparte a súa filosofía: o deporte de base e formación é moito máis importante que o competitivo”, afirma.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá a directiva do Pabellón Ourense CF, club deportivo que actualmente conta con 900 licenzas federativas, 300 rapaces e rapazas nas escolas deportivas e máis de 80 monitores e adestradores. Os representantes do club, encabezados polo seu presidente, Francisco Doforno, expuxéronlle ao rexedor o seu proxecto deportivo a curto prazo, entre o que se inclúe a asimilación doutros conxuntos da cidade, caso do Ourense de Fútbol Sala.

Pérez Jácome considera que este club comparte a súa filosofía sobre o deporte, “o deporte de base e formación é moito máis importante que o deporte competitivo”, polo que anuncia que o Concello fortalecerá o seu apoio económico ao club. Actualmente, o Pabellón Ourense CF concorría ás subvencións competitivas; a partir de agora, recibirá unha subvención nominativa, explicaba o alcalde logo da reunión.

As dúas partes consideraron o encontro moi frutífero: o alcalde, que considera que o Pabellón é “un club mítico” co que comparte idéntica visión sobre o fomento dos valores deportivos; a directiva do Pabellón CF, pola súa banda, celebrou a celeridade coa que foi recibida na Alcaldía e a boa sintonía co rexedor.

Tags: , ,