BNG, C’s e PSOE demostraron a súa ruindade intentando quitar tallada dunha continxencia sanitaria

O PP estivo a altura das circunstancias en plena pandemia
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convidou os grupos políticos municipais a integrarse na xunta de goberno local designando un representante que acuda con voz e voto ás súas sesións.
O alcalde solicitou os grupos que expresen a súa disposición e aceptación, lembrando que a próxima sesión sería o próximo xoves.
Nun escrito dirixido os grupos de PsdeG-PSOE, PP, C´s e BNG, o rexedor explicoulles que, ante a baixa dun dos concelleiros que forman a xunta de goberno, Telmo Ucha, convida a que os demais grupos políticos se integren neste órgano coa finalidade de “non retrasar expedientes e procedementos municipais”.
Este convite non era extensivo aos concelleiros de Democracia Ourensana que non forman parte do goberno municipal porque “non confío nas persoas que romperon a disciplina de partido no último pleno”.
A incorporación que propón o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, non se limitaría ao tempo que Telmo Ucha estea de baixa: “Manteriamos a nosa disposición a que os diversos grupos municipais formasen parte, máis aló do problema actual”, afirmou o rexedor.
Ao instante, BNG, C’s e PSOE dixeron NON, pondo así trabas ao Concello, pensando só no seu interese partidista.
Sen embargo, o PP pensou desta vez en clave de cidade, e decidiu participar na XGL mentres non recupere Telmo o seu estado de saúde, e deixando a porta aberta a unha continuación posterior
O que fixeron BNG, C’s e PSOE ante a proposta “é do máis pérfido coa cidade de Ourense que vin en todo este tempo como alcalde”.