Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

Concurso de ideas “marxes do Miño”.

Concurso de ideas “marxes do Miño”.

O Concello e o Colexio de Arquitectos de Galicia, colaborarán nun concurso de ideas para as marxes do río Miño.

Pérez Jácome afirma que “este é o primeiro movemento para transformar a cidade”. Son 12,3 quilómetros que precisan dunha intervención que custaría uns 15 millóns de euros, asegura o rexidor.

O COAG deberá garantir unha accesibilidade cómoda á cidadanía, xa que actualmente non hai continuidade para a circulación dos peóns, asegura Elena Ampudia, decana do Colexio.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia, asinaron esta mañá un convenio para a apertura dun concurso de ideas para a posta en valor das marxes do río Miño ao seu paso pola cidade.

Esta sinatura é resultado dun diálogo permanente entre o rexedor e a directiva da delegación ourensá do COAG, con Rafael Castro Armesto á cabeza.