Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

Democracia Ourensena leva ao pleno o maior investimento da historia do Concello de Ourense

Democracia Ourensena leva ao pleno o maior investimento da historia do Concello de Ourense

modificación orzamentaria

No pleno deste mércores, 9 de xuño, o goberno municipal propón mobilizar máis de 62 millóns de euros. Esta cantidade suporá o maior investimento orzamentario da historia do Concello de Ourense.

O destino destes fondos é o seguinte:

  • Convenio de cooperación entre o Concello de Ourense e o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para a execución dos investimentos da fase I da reprogramación funcional do Complexo Hospitalario de Ourense (125.062,98 euros).
  • Adquisición de dispositivos de control de tráfico (cámaras de control de accesos ao casco histórico e radares de control de velocidade) (800.000 euros).
  • Subvención nominativa para o Colexio de Enfermería de Ourense para gastos da celebración do centenario da organización colexial realizados en 2020 (adquisición de estatua en homenaxe á enfermería e edición de libro conmemorativo) (3.000 euros).
  • Adquisición de maquinaria para realización de labores de mantemento das instalacións municipais dos cemiterios (10.000 euros).
  • Dotación das subvencións nominativas a entidades de acción social no ámbito das drogopendencias xestionadas polo Servizo de Saúde (75.000 euros).
  • Financiamento da renovación da flota de autobuses do Concello de Ourense. 25 Autobuses de 11,5 a 11,85; 10 Autobuses de 11 a 11,20 metros; 7 Autobuses de 8 a 8,50 metros. (14.000.000 de euros)
  • Dotación de crédito para a contratación de estudos e traballos técnicos relativos ao sistema de control de tráfico viario do Concello de Ourense (60.000 euros).
  • Actuacións dirixidas a adaptar as características técnicas e funcionais das instalacións termais á nova lexislación de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia. Obras e investimentos: 490.000,00 euros; Asistencias técnicas: 378.000,00 euros.
  • Mellora da mobilidade vertical, á mellora e acondicionamento da rede viaria, das redes de servizos e dos espazos públicos municipais do Concello de Ourense (533.018,33 euros)
  • Mellora das zonas verdes, creación de novas zonas verdes e espazos de lecer e do sistema de contenerización do Concello de Ourense: parques de xogos infantís (4.000.000 euros), mellora zonas verdes existentes, como a rehabilitación integral do Xardín do Posío (2.000.000 euros), creación do Parque Coto de Canedo (7.500.000 euros) e o Skatepark do Parque das Letras (700.000 euros)
  • Subministro e instalación de contedores soterrados ou semisoterrados de residuos sólidos urbanos seria (600.000 euros).
  • Renovación da contenerización de recollida de residuos sólidos urbanos do Concello de Ourense seria de 3.500.000 euros
  • Contrato xestión transporte urbano (282.886,73 euros)
  • Atender recursos interpostos en vía administrativa contra a denegación de axudas tramitadas no marco das bases reguladoras para o impulso da actividade económica no municipio de Ourense para paliar os efectos da COVID 19 (liña de axudas para persoas autónomas) (20.000 euros)
  • Axudas de emerxencia social, para a licitación do contrato do servizo de conserxaría , sinatura de convenios e abono de convenios de exercicios anteriores (1.288.400).
  • Contratación traballos reparación vías públicas (4.000.000 euros)
  • Retribucións a concesionaria servizo de Auga (5.013.333,59 euros)
  • Servizo conserxería Centros Cívicos (100.000 euros)

Aprobada a liquidación orzamentaria correspondente ao exercicio económico do 2020 pon de manifesto a existencia dun Remanente de Tesourería para Gastos Xerais que ascende a 126.435.668,74 euros.

 Foron recibidas solicitudes de diversas concellerías, que se incorporan coma expedientes relacionados co actual, de incoación de expediente de modificación de crédito no exercicio 2021, por un importe total de 62.601.389,04 euros.

Gonzalo Jácome sobre o maior investimento da historia do Concello de Ourense