Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

Desbloqueando acordos para Ourense.

Desbloqueando acordos para Ourense.

Unha reunión “moi frutífera” e da que “saímos as dúas partes plenamente satisfeitas”. É o resumo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, á saída da xuntanza que mantiveron esta mañá, e na que desbloquearon tres importantes acordos para a cidade: o saneamento de augas residuais en Velle, o acondicionamento da senda peonil Untes – Outariz, e unha urxente actuación na Ponte Lebrona.