Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

O Concello consolida o seu compromiso co Club Ourense Baloncesto para esta tempada 2020-21 [AUDIO]

O Concello consolida o seu compromiso co Club Ourense Baloncesto para esta tempada 2020-21 [AUDIO]

Gonzalo Jácome recibe ao presidente do COB

O presidente do COB agradeceu a “sensibilidade e a atención recibida” co equipo nunha tempada atípica por motivos sanitarios e económicos: sen público no campo e con menos ingresos publicitarios

O alcalde valora o gran traballo de canteira do COB, con máis de 400 rapaces e rapazas nas escolas de baloncesto, e comprométese a apoiar “o club con máis relevancia da provincia”.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá nas dependencias municipais a Camilo Álvarez, o presidente do Club Ourense Baloncesto (COB), quen lle contou de primeira man o proxecto deportivo para a tempada 2020-21 e as dificultades que está a atravesar o equipo -que milita na LEB-Ouro do baloncesto español- nunha situación atípica: sen a posibilidade de encher as gradas e cun descenso considerable en ingresos publicitarios.

O presidente do COB agradeceu a “sensibilidade e a atención recibida” por parte do rexedor, “que é coñecedor da situación na que estamos”. Este, pola súa parte, comprometeuse a seguir axudando o club de maior relevancia da provincia, con máis de 2.000 asociados e 400 rapaces e rapazas nos equipos formativos, unha das grandes preocupacións do alcalde.

Este ano precisamos o apoio máis que nunca, aseguraba Camilo Álvarez ao remate da reunión, unha luva que recolleu o alcalde: “Hai que darlle apoio pola representación, pola visibilidade e polo traballo coa base”, dixo Pérez Jácome.

Tags: , ,