O alcalde G. Jácome adoptará medidas para favorecer a recuperación da economía local [AUDIO]

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome recibiu onte a representantes da hostalería ourensá, que lle transmitieron a súa preocupación polas consecuencias que está tendo nos seus negocios as restriccións derivadas da pandemia Covid-19.
El rexedor comprometeuse a colaborar ao máximo, na medida en que o Concello poida.
Acudiron á reunión, José Carlos Vázquez Soto, vicepresidente da Confederación Provincial de Empresarios de Hostaleria e Turismo de Ourense e presidente da asociación provincial de hospedaxe, Ovidio Fernández Ojea, presidente da Confederación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Ourense, Daniel Martínez Pérez, presidente da Asociación Provincial de Restaurantes, José Peres Seara (tesoureiro) e Hilario Airas Besteiro (Secretario).
Na mesma mañá, celebrouse unha xunta de voceiros municipais nas que se abordou as medidas que o Concello de Ourense podería levar a cabo, co asesoramento de técnicos municiapais, para ter en conta a viabilidade de cada unha delas.
Así, quedou enriba da mesa unha serie de acordos, a supresión da taxa de veladores, con carácter retroactivo, ate 2022; estudarase a posibilidade de reducir os recibos do lixo; e buscaranse os mecanismos para utilizar o sobrante das axudas a autónomos que o Concello de Ourense puxo en marcha en 2020, que pode achegarse aos 11 millóns de euros.
O alcalde lamenta que o sistema lexislativo estatal vixente lles permita “levar a cabo estas medidas antes de xuño de 2021, pois non é posible realizar unha nova modificación de crédito sobre este sobrante até pechar o exercicio 2020”. A boa nova é esa, que o Concello vai utilizar arredor de 11 millóns de euros para axudar a hostaleiros e pequenos comercios, salientou o alcalde.