Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

Mas de 8.400 escolares, desconfinaron su imaginación con un libro.

Mas de 8.400 escolares, desconfinaron su imaginación con un libro.

📖 Finalizó con éxito absoluto la campaña del libro del Concello.
📚Un total de 8.470 escolares de Ourense retiraron gratuitamente el ejemplar, que ellos mismos escogieron entre 35 librerías de la ciudad.
O alcalde valora moi positivamente a campaña de agasallo de libros polo “entusiasmo” dos nenos e polo apoio ao comercio local.
Destaca que esta iniciativa “pioneira en España” achegou máis de 8.400 persoas ás librarías da cidade, ademais de fomentar a lectura entre a rapazada.
“Estamos tremendamente contentos e o tempo dirá se no futuro repetimos e facemos estas cousas ou outras mellores”, sinala o rexedor.
A campaña de agasallo de libros aos escolares que realizou o Concello de Ourense remata cun grande éxito de participación, tras chegar a máis de 8.470 nenas e nenos da cidade.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valorou moi positivamente esta iniciativa, “pioneira en España”.
“Estamos moi contentos por esta campaña porque se achegaron ás librarías e retiraron un libro unha cifra enorme de persoas”, valora o alcalde, quen explica que “fomentamos a lectura entre os escolares e axudamos o comercio local que foi tremendamente golpeado pola pandemia, e metemos 8.000 persoas nas librarías”.
A campaña “un libro desconfina a túa imaxinación” desenvolveuse desde o día 1 de xullo até o 14 de agosto, e contou coa participación de 35 librarías e papelarías da cidade, nas que cada neno ou nena podía elixir un título á súa escolla por un importe máximo de 20 euros; se o importe superaba esa cifra, a diferenza era achegada polo cliente.
O alcalde asegura que o libro “foi un premio para os escolares pola atípico fin de curso pola covid e tamén polo confinamento”, subliñando o grande “entusiasmo” da rapazada cando os seus país lles dicían que lles ían regalar un libro polo seu bo comportamento”. “É un orgullo ter provocado isto”, asegura o rexedor. Pérez Jácome salienta que a campaña foi pioneira en España, tendo en conta que eran os propios nenos quen elixían o libro á súa escolla, achegándose a unha libraría onde cos seus datos a través dunha aplicación informática se determinaba se lle correspondía o libro, e o propio lector elixía o título que máis lle gustaba.
O alcalde subliña que esta iniciativa, “vai coa nosa filosofía de que os impostos teñen que ir para todo o mundo”