Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

O alcalde denuncia a manobra dun traballador eventual perseguindo “intereses persoais e laborais que non lle corresponden”

O alcalde denuncia a manobra dun traballador eventual perseguindo “intereses persoais e laborais que non lle corresponden”

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, denuncia unha “manobra que persegue uns intereses persoais e laborais que non lle corresponden” na demanda por despedimento que interpuxo un ex traballador, Bruno Blanco Tourón, tras ser cesado como asesor político e posteriormente como auxiliar político, e na que solicita a declaración de despido nulo e a reincorporación ao posto de traballo. Entende o rexedor que esta denuncia non ten base legal algunha e só persegue intereses económicos”.

Considera o alcalde que esta estratexia se aliña nas posicións dos que foron concelleiros do seu propio grupo, pasando mesmo pola Deputación de Ourense como asesor mentres Miguel Caride era o voceiro de DO, e que está sendo utilizado polos tránsfugas da formación como “cabeza de turco”.

Sinala Pérez Jácome que Blanco Tourón foi o primeiro en denuncialo acusándoo de obrigalo a facer doazóns ao partido. “Agora reincide nunha demanda que está fora de lugar”, e entende que “recuperar un posto de confianza pola vía xudicial non parece a forma máis propicia para recuperar un posto no que un dos requisitos fundamentais é, precisamente, a confianza”.

A xunta de goberno local que o Concello de Ourense celebra mañá, xoves, dará conta desta comparecencia ante o Xulgado do Social núm. 2 de Ourense nunha vista que se celebrará en Xaneiro de 2021.

Tags: , ,