Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

O alcalde preséntalles o Centro de Intelixencia Artificial aos grupos políticos municipais [VÍDEO]

O alcalde preséntalles o Centro de Intelixencia Artificial aos grupos políticos municipais [VÍDEO]

Intelixencia artificial
  • O director xeral de innovación, David Olivieri, fixo unha exposición dos proxectos nos que están traballando agora mesmo.
  • O alcalde Gonzalo Jácome lamentou a non asistencia de representantes do resto de grupos municipais, BNG e PP.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentoulles esta mañá o Centro de Intelixencia Artificial (c.IA) aos grupos municipais con representación no pleno do Concello. Á cita acudiron Xosé Rúas, polo PsdeG-PSOE e José Araújo, en representación de Ciudadanos -e promotor desta sesión informativa-.

Foi o director xeral de Innovación, David Olivieri, o encargado de amosarlles aos presentes as liñas mestras nas que está traballando o c.IA, así como de subliñar a súa existencia coma unha ferramenta necesaria para reter valor en Ourense e xerar valor na economía local. Tamén participaron na exposición o resto de técnicos para explicar os traballos que estaban desenvolvendo.

Crítica ás ausencias. O alcalde Gonzalo Jácome lamentou a non asistencia de representantes do resto de grupos municipais, BNG e PP. Ao alcalde parécelle que “dificilmente poden criticar un proxecto se non están dispostos a coñecelo” e “chama poderosamente a atención a ausencia do Partido Popular porque vai unhas semanas criticaban que non fosen convidados á presentación do c.IA tanto Deputación como Xunta”.

Para o rexedor, “o que fixo o PP ao non ir a esta sesión informativa” deixa entrever que “dificilmente se poden sentir como parte de organizar este proxecto cando non lle interesa estar informado do que vai”.

 

 

Tags: