Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

O alcalde realiza a súa derradeira achega persoal pola covid-19, á Cruz Vermella.

O alcalde realiza a súa derradeira achega persoal pola covid-19, á Cruz Vermella.

Destaca o “compromiso” e a “solidariedade” coas persoas mais afectadas pola pandemia.
Gonzalo Pérez Jácome, realizou no día de hoxe a súa derradeira doazón pola pandemia da covid-19, cun ingreso en metálico na conta bancaria de Cruz Vermella.
Esta achega ascende ao 30% do seu soldo correspondente aos primeiros catorce días do mes de xuño, que foron os últimos nos que se prolongou o estado de alarma en Galicia.
Con anterioridade, e durante o confinamento, o rexedor realizou varias doazóns, neste caso a Cáritas, consistentes na adquisición de material necesario para mellorar o importante labor que veñen levando a cabo no comedor social, e que facían referencia aos salarios recibidos en abril e maio.
Gonzalo Jácome comprometérase en abril a que mentres durase o estado de alarma, renunciaría ao 30% do seu salario, para doalo “como grao de arena pola crise da covid-19”. Neste senso, pon de manifesto que coa súa decisión quixo enviar unha mensaxe clara, que non é outra ca “cando acontecen situacións coma estas é fundamental a solidariedade”, ademais de facer referencia a que “a postura do alcalde e do goberno foi contundente, xa que destinamos máis de 2 millóns de euros para a área social”.