Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

O Concello de Ourense apostará polo deporte rei, o atletismo, e fornecerá con fondos a súa base

O Concello de Ourense apostará polo deporte rei, o atletismo, e fornecerá con fondos a súa base

  • O alcalde comprométese a aumentar as partidas orzamentarias destinadas ao atletismo.
  • O obxectivo é potenciar as escolas deportivas de atletismo, base fundamental deste e doutros deportes.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome mantivo hoxe unha reunión co Club Ourense Atletismo, representado polo seu presidente José Antonio Álvarez e o vicepresidente e coordinador xeral deportivo Francisco Javier Vázquez, para abordar a situación actual deste deporte na cidade.

O Club Ourense Atletismo é un dos principais clubs da cidade nesta modalidade deportiva e conta coa maior escola deportiva de Ourense. “O atletismo é o deporte rei” dixo Pérez Jácome, “un deporte fundamental, no que se forma moita xente, malia que logo muden a outros, xa que este constitúe a base de moitos outros deportes”, polo cal recomenda, que “todo o mundo o debería practicar”.

O Concello de Ourense quere comprometerse, deste xeito, con este deporte e aumentar as partidas que habitualmente se veñen destinando ao deporte base nesta modalidade deportiva, contemplando “un aumento considerable para a tempada 2021” para así potenciar a súa escola deportiva, que desenvolve a súa actividade nas instalacións municipais do Pavillón, no módulo de atletismo, que “é un privilexio para cidade de Ourense”, en palabras do alcalde.

Tags: , ,