O Concello publica un estudo sociolóxico para coñecer a opinión da sociedade ourensá sobre aspectos da política e da vida municipal

O Concello de Ourense publica os resultados dun estudo sociolóxico encargado á empresa Celeste-Tel, e cuxo obxectivo é o de coñecer a valoración cidadá sobre diversos aspectos da política e vida municipal.
Ademais dun cuestionario xeral, o estudo incide en aspectos coma os efectos da pandemia e a saída da mesma, os ingresos e o posto de traballo, a xestión das administracións, a valoración de proxectos municipais, o medio polo que a cidadanía accede á información e o grao de coñecemento e valoración dos políticos, así como un apartado específico para a valoración da intención de voto.
Dirixido polo sociólogo José Ramón Lorente Ferrer, o estudo é de ámbito municipal, e realizouse logo de 600 entrevistas telefónicas asistidas por ordenador entre o 15 e o 23 de abril de 2021. A metodoloxía foi unha selección aleatoria proporcional, con cotas pechadas de idade e de xénero.
O nivel de erro do estudo é dun +/- 4,08%
O estudo pode descargarse aquí: