Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

Ourense, en obras

Ourense, en obras

Ourense en obras

Intentarán convencerte de que no Concello de Ourense non se move un papel, que está todo parado, que é un caos, etc. etc. A realidade é ben diferente. Imos facer un repaso por tódalas obras licitadas ou executadas no último mes e que supoñen un investimento no municipio de preto de 5 millóns de euros:

17 de Novembro 2020: O Concello impulsa proxectos de humanización da Avenida de Portugal e de catro rúas no barrio das Lagoas

A Avenida de Portugal e catro rúas do barrio das Lagoas serán obxecto de proxectos de humanización por parte do Concello de Ourense. Coa finalidade de desenvolver estas actuacións, a xunta de goberno local aprobará na súa próxima sesión, pasado mañá xoves, 19 de novembro, os expedientes para contratar a redacción dos correspondentes proxectos técnicos que definirán ambas intervencións. O obxectivo, asegura o goberno municipal, é acometer proxectos que poñan en valor os barrios da cidade, tentando fomentar a calidade de vida da veciñanza, potenciar espazos para o peón e acadar unha cidade máis amable, cómoda e segura.

Para o barrio das Lagoas, contratarase a redacción do proxecto de humanización das rúas Ánxel Barxa Compositor, Mestre Vide, Eduardo Blanco Amor e Alfonso Rodríguez Castelao, por importe de 64.364,35 euros.

No caso da Avenida de Portugal, e o servizo de redacción do proxecto de humanización ascende a 87.807,51 euros.

17 Novembro 2020: O Concello iniciará o xoves obras na rúa Pena Nofre

O Concello de Ourense, dende a Concellería de Infraestruturas promove a execución da obra de rehabilitación de pavimento na rúa Pena Nofre, cuxo orzamento é de 18.123,62 €. A actuación consistirá na reposición do firme existente mediante a colocación de empedrado de granito nunha superficie aproximada duns 234 m² e a reposición da sinalización horizontal.

O comezo da obra está previsto para pasado mañá, xoves 19 de novembro e a duración dos traballos será de aproximadamente dúas semanas.

Mentres duren as obras pecharase ao tráfico a entrada da rúa dende a estrada da Granxa (OU-101), e a rúa Pena Nofre pasará a ser bidireccional no tramo comprendido entre a rúa Monte Penamá e a zona dos traballos.

16 Novembro 2020: O Concello licita 2,2 millóns en obras de mellora de rúas en barrios da cidade e no perímetro rural

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou os expedientes para contratar seis obras de mellora e acondicionamento de vías situados en diferentes barrios da cidade e no perímetro rural, por un importe total de 2.279.031,86 euros (IVE engadido).

As 6 obras contrataranse por procedemento aberto simplificado. Son, concretamente, as de rehabilitación do firme da rúa Leiras Pulpeiro, en Mariñamansa, por importe de 161.586,24 euros, o acondicionamento do campo do Outeiro e a rúa Outeiro, en Velle (426.341,53€), así como a rúa Miradoiro, preto do Ceboliño (555.044,02), a reparación de pavimentos e acabados na rúa Remedios, no Couto (92.392,73€), e o acondicionamento da Rúa Salto do Can e na Rúa Carballo (920.333,89) e, por último, a adecuación das rúas Enxido e Ousende, en Cabeza de Vaca (123.333,45 euros).

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, manifestou que “a cidade é un todo” e amosou a súa preocupación “polos barrios”. “Non só utilizamos os barrios para facer campaña. Pasamos aos feitos e estamos licitando obras”, asegurou. “Facía anos que non había tantas obras nas rúas Ourense”, di o alcalde, “algo que os cidadáns botaban en falta”, engade.

16 Novembro 2020: Obras de asfaltado nas rúas Arco da Vella e Entroido

O Concello de Ourense iniciará esta semana as obras de rehabilitación de firme en dúas rúas do barrio de Vistafermosa. Trátase das rúas Arco da Vella, cuxo comezo de obras está previsto para mañá, martes, 17 de novembro, e Entroido, cuxo comezo está previsto para este mércores, 18 de novembro.

A superficie afectada, no caso da rúa Arco da Vella, é de 1.215 m2 e conta cun orzamento de 17.778,52 €. Na rúa Entroido actuarase sobre unha superficie de 1.035 m2 e terá un custo de 17.996,14 €.

A duración dos traballos de extensión de formigón bituminoso será de aproximadamente dous días, en ámbolos dous casos. Os traballos de reposición de sinalización horizontal e a posta en rasante de pozos e sumidoiros executaranse pasadas dúas semanas do inicio da obra.

13 Novembro 2020: O Concello aproba a execución de seis obras en diferentes barrios da cidade

Na xunta de goberno local aprobáronse os expedientes para contratar seis proxectos de execución de obras en diferentes barrios da cidade, cos seus correspondentes pregos de condicións económico-administrativas, por un importe total de 1.591.533,33 euros:

  • Rehabilitación de firmes e mellora de beirarrúas de Covadonga, por importe de 568.154,67 euros (IVE engadido)
  • Acondicionamento da rúa Vía Vella – Santa Ana do Pino, por importe de 329.791,55 euros.
  • Renovación de pavimento, firme e alcantarillado na rúa Ribeira de Canedo, por importe de 268.450,12 euros
  • Acondicionamento do Camiño da Pedreira, Seixalbo, por importe de 126.577,80 euros
  • Acondicionamento do tramo inicial do paseo fluvial de Oira, desde a rúa de Alfredo Brañas, camiño da praia e estacionamento público, por importe de 298.579,19 euros
  • Na mesma sesión, adxudicouse a execución das obras de reforma e ampliación de beirarrúas na rúa da Canle.

06 Novembro 2020: Obras nas rúas de Castro Canseco, Mateo de Prado e Pérez Villaamil

A Concellería de Infraestruturas iniciará executou as obras de acondicionamento da rede viaria nas rúas Castro Canseco, Mateo de Prado e Xoán Pérez Villaamil, na fronteira entre os barrios do Couto e de Vistafermosa. A superficie de actuación alcanza as 2.997,30 m2 e un investimento de 48.105,04 euros. Procedeuse á rehabilitación da capa do firme previo fresado nas zonas máis deterioradas, a adecuación de pozos e a reposición de sumidoiros a rasante e a reposición da sinalización horizontal.

O prazo de execución estimado foi de tres días para a rehabilitación de firme e dous días para a sinalización horizontal, existindo un prazo de espera de 10 días entre ambas actuacións.

En canto á rúa Bispo Lourenzo, que limita coas actuacións planificadas, solicitóuselle á Xunta de Galicia -como titular da mesma- a súa reparación urxente, xa que o Concello non ten competencias de conservación e mantemento.

Mellora de vías no rural

Xunto ás obras na cidade, iniciaranse tamén os traballos de mellora de vías no perímetro rural da cidade, dentro do plan +Rural que fora acordado entre o Concello e os representantes veciñais. Así, para o luns está previsto que comece o acondicionamento da rúa de Mende, desde a C-546 até o cruzamento con estrada de Canibelos, en Santomé.

O martes comezará o acondicionamento da rúa Catasol, e quedarán para o xoves e para o venres o acondicionamento do firme da estrada de acceso a Souto do Río, en Santa Cruz de Arrabaldo, e da rúa Irmáns Casas, na Chapa.

05 Novembro 2020: Licítanse obras por máis de 600.000 euros en diferentes barrios da cidade

O Concello realizará obras de mellora e acondicionamento do firme na avenida Pardo de Cela, na rúa da Rabaza e nun tramo de Nosa Señora da Saínza, e na OU-506, até o cemiterio de Velle. Estas intervencións suman un investimento de 623.490,53 euros, e son forman parte das iniciativas aprobadas en xunta de goberno local.

26 Outubro 2020: Obras de mellora do firme nas rúas Xoán de Nóvoa e Bierzo

Xa en outubro, o Concello de Ourense, a través da Concellería de Infraestruturas, inicia o mércores, 28 de outubro, as obras de acondicionamento de firme das rúas Xoán de Novoa e Bierzo. Os traballos consistiron na rehabilitación da capa de firme previo, no fresado nas zonas máis deterioradas, na adecuación de pozos e de sumidoiros, na mellora parcial das beirarrúas e na reposición da sinalización horizontal.

As dúas rúas permaneceron pechadas ao tráfico, polo que o departamento de Infraestruturas estivo a colocar paneis indicativos coa ruta alternativa proposta pola Policía Local: aconsellou acceder ao barrio da Cruz Alta a través da rúa da Canle.

Do mesmo xeito, os usuarios da Liña18 do transporte público non viron alteradas ningunha das paradas, só que o autobús entrou e saiu do barrio da Cruz Alta polo itinerario alternativo, pero respectando todas as paradas.

O prazo de execución foi de 3 días para a rehabilitación do firme. A partir de aí, haberá que agardar un prazo de 10 días para a consolidación dos materiais e proceder ao pintado da sinalización horizontal, un proceso que se demorará durante outros dous días máis.

A actuación afectou a 2.365 m2 e supuxo un investimento de 48.298,23 euros.

Tags: , , ,