Partido Socialista, Bloque e tránsfugas pretenden paralizar en Ourense investimentos por un valor de 75 millóns de euros

Primeiro, votaron contra a modificación de crédito de máis de 62 millóns de euros, agora pretenden freala pola vía xudicial, sen ser quen de ofrecer unha alternativa de goberno a cidade de Ourense pola vía da moción de censura.
O Partido Socialista de Ourense, Bloque Nacionalista Galego e tránsfugas de D.O. pretenden paralizar no Concello de Ourense uns investimentos que se aproximan aos 75 millóns de euros, coa súa oposición a modificación de crédito de 62,60 millóns de euros, así como á modificación modificación urbanística que permitiría un investimento que supera os 12 millóns de euros, grazas a construción dun centro residencial para persoas da terceira idade no ino, no lugar que ocupaba a vella estación de autobuses.
Os membros da corporación destes dous partidos, socialistas e nacionalistas de Ourense, máis os tránsfugas de DO votaron, primeiro, contra a modificación de crédito de máis de 65 millóns de euros e, agora, pretenden freala pola vía xudicial, sen ser quen de ofrecer unha alternativa de goberno a cidade de Ourense, pola vía da moción de censura que lles presentou en bandexa o alcalde logo da someterse a unha moción de confianza.
O goberno municipal afronta con “absoluta tranquilidade” o anuncio realizado polo grupo do PSdeG-PSOE de Ourense á presentación dun recurso contencioso administrativo contra a modificación orzamentaria coa que o Concello pretende mobilizar 62,6 millóns de euros, procedentes do remanente de tesourería, non resultado do “aforro” como din reiteradamente estes concelleiros e concelleiras, senón da mala xestión dos recursos públicos por parte, entre outros, destes mesmos grupos políticos, e destinalos a investimentos en infraestruturas e servizos na cidade.
“Temos a tranquilidade absoluta de que o recurso non vai prosperar porque os informes xurídicos do Concello son suficientemente sólidos”, sostén o goberno local. Cremos que o PSOE equivócase”, conclúe.
Ao tempo, o grupo de goberno, critica a “mala fe” do partido socialista “que segue unha norma que é “Ourense, canto peor, mellor” e “fan o que sexa para que en Ourense non se faga nada”.
É por esta razón que se oporán a modificación de crédito, por tódalas vías posibles, pero tamén ao investimento privado para un centro residencial público de máis de 12 millóns de euros, que chegaría a ofertar 120 prazas para a atención de persoas maiores e suporía a creación de 110 postos de traballo na cidade.
E ao tempo que pretenden castigar á cidadanía bloqueando estes investimentos, 75 millóns de euros, nestes tempos de crise pola pandemia da COVID 19, paralizaron tamén a baixada do imposto de circulación (IVTM) a miles de ourensáns que teñen os seus vehículos empadroados neste concello, namentres, nos concellos máis próximos, onde estas organizacións gobernan, si rexen as taxas que a cidadanía ourensá lle negaron.
A actual recadación por este concepto tributario ronda os 5 millóns de euros. Coa rebaixa que pretendía o goberno municipal o Concello aforraría aos contribuíntes 2 millóns de euros anuais, e cada propietario de vehículo aforraría unha media duns 60 euros no recibo anual.