Plaza Mayor 1, Oficina de Alcaldía, 32005 Ourense
604 05 16 94
democraciaourensana@ourense.gal

Tras décadas na prehistoria….

Tras décadas na prehistoria….


O servizo de aparcamento de vehículos na vía pública (ORA) incorporará este mes o pagamento dende o teléfono móbil.
Permitirá abonar o importe exacto e renovar tickets sen ter que ir ao parquímetro e recibir avisos.
O alcalde subliña que o sistema permitirá evitar molestias e incomodidades e darlles un mellor servizo aos cidadáns.
Será a través dunha aplicación: Presto Parking, que a empresa concesionaria incorpora ao servizo, e estará á disposición das persoas que desexen realizar os pagos dun xeito máis cómodo. O novo sistema incorpora vantaxes como:
Pagar o importe exacto, sen ter a necesidade de buscar monedas de cambio e localizar parquímetros.
Renovar tickets sen ter que volver fisicamente ao parquímetro.
E-factura, fiscalmente deducible para as empresas.
Recibir notificacións, ao vencer o ticket.
Recibir avisos de denuncias.
Pago seguro.
Con estas novidades darase un servizo moito máis completo e cómodo aos cidadáns, como sinala o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen subliña a importancia de evitar molestias e incomodidades aos usuarios, como ter que meter monedas, dispoñer de cambio ou achegarse aos parquímetros para pagar ou sacar tickets.
O pago por teléfono móbil implementarse a través da aplicación Presto Parking, que se pode descargar desde Google Play, e App Store.
Os controladores do servizo municipal informará os usuarios desde pasado mañá, xoves das novidades, repartindo dípticos que explican como funciona a nova aplicación, que se comezará a implantar de forma experimental durante o presente mes de xullo.
Pasos para realizar o pagamento por teléfono:
1. Abrir o navegador de Internet.
2. Descargar a aplicación Presto Parking, desde GooglePlay o App Store